O pasado 9 de xullo tiven un deses días que permanecen no tempo. Puiden pasar unha xornada completa con María e Tito, unha xornada especial, a da súa boda. Empezamos cedo, ás 11 da mañá na sesión de maquillaxe e peluquería de María, e rematamos ás 5 da mañá no Pazo do Piñeiro, maravillosa finca onde se celebraría todo o acto. Entre medias, vinte horas de pasalo ben, miles de fotos e dous novos amigos, bon balance pra un solo día de traballo. As fotos dino todo. Pronto o repor completo e o slide musical na nosa Galería.
O comentario será analizado antes da publicación.