Namorados da Fotografía de Boda
Hoxe querémosvos falar non dunha boda en particular, senon un pouco do noso oficio, da Fotografía de Boda. Da razón que nos impulsa a pasar prácticamente a metade dos sábados do ano facendo reportaxes de boda, en xornadas maratonianas que empezan ás 8 ou 9 da mañá e que poden chegar a durar ata 20 horas.
Hai compañeiros que nos confesan que están queimados das bodas. Non podo imaxinar o calvario que ten que ser ter que perder un sábado de descanso, de disfrute coa túa familia, pra ir facer unha xornada de 15 horas ó quinto pino, dun traballo que non che gusta nada en absoluto.
Non é o noso caso. Cando nos preguntan pola nosa fotografía, sempre decimos que nos encanta, decimos que facemos unha Fotografía de Boda tan elaborada porque queremos. E non hai outra razón.
Trátase de ter pasión polo teu traballo, e iso dache a motivación necesaria para afrontar calquera cousa.
Nasa nosas primeiras bodas facíamos unha fotografía menos realista, máis de "tendencia" se se quere. Pero o tempo e algunha experiencia personal fóronnos facendo derivar cara a unha Fotografía de Boda Documental, máis centrada nos recordos auténticos, eses que se van a ir esquecendo e que gracias a unha boa foto podes refrescar, e revivir nítidamente.
Co tempo fumos elaborando un método, que seguimos perfeccionando, e que se basa en 4 pilares fundamentales para que o teu reportaxe de boda se convirta nun Documental de Boda, xa que creemos que a Fotografía Documental é a razón de ser Fotógrafos de Boda.
Acabamos de compartilo co Blog de proveedores de Boda Pronto Pro, nesta entrevista da que vos deixamos o link.
https://www.prontopro.es/blog/fotografias-una-zancadilla-al-olvido/
Os 4 pilares básicos son a realización dunha Preboda, levar un equipo de polo menos Dous Fotógrafos, quedarnos á Totalidade do Baile/Festa, e realizar unha edición cuidada e Unha a Unha de todas as Fotografías da Boda.
Para non aburrir nesta entrada, vouvos deixar un enlace á nosa Guía para convertir un simple reportaje en un Documental de Boda, na que profundizamos nestes 4 pilares fundamentales, e noutros detalles que forman parte da nosa maneira de entender as bodas. Neste link poderédela descargar en pdf e descubrir por qué os nosos clientes falan tan ben do noso traballo.
A ver se vos gusta e vos sirve de orientación.
Ata a próxima.